O escritor e poeta mariñano Paco Rivas fixo unha donación da súa obra á biblioteca municipal de Burela. Segundo explicou o alcalde, Alfredo Llano, “o propósito é darse un pouco a coñecer e tamén colaborar coa nosa cultura. Os libros de Paco Rivas aluden ó mar e ás profesións tradicionais vinculadas a él”. Estiveron o alcalde, Alfredo Llano, a concelleira de Cultura, Neves Cando e o propio Paco Rivas.