Site icon Crónica3.com A Mariña

Di Balseiro que Rivera “minte ou está desinformado” e que non hai partida para un novo auditorio en Foz

NOTA DE PRENSA

O deputado popular asegura que Jose María García Rivera minte ou está desinformado se pretende confundir aos veciños deste municipio afirmando o contrario: Non existen partidas específicas para este fin nas contas autonómicas que impuxeron PSOE e BNG para 2009

OS ORZAMENTOS DA XUNTA ELABORADOS POLO BIPARTITO NON CONTEMPLAN UN SÓ EURO PARA A CONSTRUCIÓN DUN NOVO AUDITORIO EN FOZ

•    Socialistas en nacionalistas impediron, no seo do Parlamento de Galicia, que prosperase a emenda do PPdeG que reclamaba a achega de 600.000 euros para o proxecto de construción desta nova infraestrutura cultural.

A Mariña, 08 de maio de 2009.- Os orzamentos da Xunta de Galicia para 2009 elaborados polo anterior Executivo bipartito non contemplan ningunha partida específica para a construción dun auditorio no termo municipal de Foz. Con esta contundente afirmación o parlamentario mariñán do PPdeG, Jose Manuel Balseiro Orol, desminte as afirmacións efectuadas polo rexedor municipal de Foz, Jose María García Rivera, quen afirmaba todo o contrario nunhas declaracións reflectidas no día de hoxe pola prensa comarcal.

O PSOE VOTOU EN CONTRA

A maiores, o deputado popular clarexa que foi o propio Grupo Socialista xunto co Bloque Nacionalista Galego quen coa súa posición contraria impediu que prospera unha emenda do Partido Popular dirixida a incluír a construción desta nova infraestrutura cultural en Foz nos orzamentos do presente ano. Isto é foron os propios compañeiros do señor Rivera en Santiago, xunto cos nacionalistas, os que na pasada lexislatura impediron que as contas oficiais da Xunta contemplasen esta actuación. Son eles, os do PSOE os responsables de que hoxe os veciños de Foz non poidan contar cun novo auditorio.

EMENDA DO PPdeG PARA O NOVO AUDITORIO

Para fundamentar esta afirmación Balseiro Orol ofrece copia da relación de emendas rexistradas polo Grupo Parlamentario Popular fronte ás contas autonómicas do 2009 da Consellería de Cultura. Nelas aparece expresamente a solicitude de achega de 600.000 euros para este concepto. En resume, “García Rivera ou mente ou está desinformado e pretende confundir aos veciños e veciñas do municipio

Exit mobile version