VIVEIRO .- O delegado da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, reslatou, no transcurso da rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, que co obxectivo de dotar de instalacións deportivas “de calidade” a todos os concellos lucenses, a Deputación de Lugo asinará a vindeira semana un convenio co Concello de Viveiro para instalación dun campo de herba artificial en O Cembedo. Este previsto que o nacionalista se reúna co rexedor Melchor Roel para tratar o asunto. Nesta liña, o delegado da Área de Deportes subliñou que a súa área seguirá traballando para poder proporcionarlles aos distintos concellos, mediante un reparto xeográfico, o acceso a unhas instalacións deportivas “en condicións”.