Nota de Prensa
O PARTIDO POPULAR DENUNCIA A PARALIZACIÓN DAS OBRAS DA ESTRADA VILAXOANE A VER
• O Grupo municipal popular de Foz lembra que esta obra comenzou antes das pasadas eleccións autonómicas
• González Barcia considera que a Deputación non cumple coa Mariña
Foz, a 16 de maio de 2009.- O Partido Popular de Foz, xunto co Grupo Provincial Popular, denunciaron hoxe a paralización das obras da estrada DP 2001 Vilaxoane-Ver, pertencentes ó Plano de Obras e Servicios do ano 2007. Esta vía, segundo os populares, é importante dentro das infraestructuras de comunicación do termo municipal de Foz e contaba cun orzamento de 255.374’00€.
O grupo municipal de Foz, representado, entre outros polo seu voceiro Angel Cao, e José María González Barcia, portavoz adxunto do PP na Deputación, consideran que a deixadez da administración provincial é absoluta. Os populares de Foz explicaron que esta obra comenzou antes das eleccións autonómicas e paralizouse despois das mesmas sen ningún tipo de xustificación. Entenden que quen están a sufrir a desidia da Deputación e tamén do propio concello, por non reclamar a execución inmediata da obra, son os veciños das parroquias afectadas e os usuarios en xeral que transitan pola estrada.
Angel Cao tamén lamentou os retrasos existentes na obra da DP 2002 Reiriz-Espiñeira, adxudicada en maio de 2007 por importe de 400.000’00€.
Os populares manifestaron que a Deputación esquece á Mariña, e no caso do Concello de Foz a discriminación aínda é maior, a pesares de que o Presidente da institución José Ramón Gómez Besteiro tén vinculación directa co municipio.
González Barcia afirmou que ambas obras xa quedaran en marcha durante a anterior etapa popular na Deputación, e que dous anos despois aínda está como está co que, na súa opinión, “lle debería caer a cara de vergoña xa non só a Besteiro senón ós deputados socialistas pola Mariña Lara Méndez e Melchor Roel, así como ó deputado nacionalista Antonio Veiga”.
Barcia indicou que o esquecemento da Mariña é “constatable” porque, segundo salientou, prácticamente ningunha das obras que estaban proxectadas estanse a facer: o vial litoral de Barreiros, o polígono empresarial de Trabada, a estrada Xove a Valcarría ou o propio polígono empresarial de Ourol. “Son algúns exemplos da desidia e vagancia que demostran os do bigoberno provincial, moi preocupados por cobrar e pouco por ir ás xuntas de goberno. Sen ir máis lonxe, Lara Méndez faltou a catro xuntas de goberno no primeiro trimestre do ano, e Roel a oito, o que demostra o nulo compromiso destas persoas coa Deputacion e, por extensión, coa provincia”, explicou.
Os representantes do Partido Popular instaron á Deputación a cumprir coas súas obrigas e executar os presupostos, así como a respectar os compromisos do anterior goberno provincial e, segundo salientaron, que o actual bigoberno está a ignorar.