CERVO .- Auditorio Municipal de San Ciprián acolle o domingo día 17 de maio, ás 20:00 horas, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, un concerto do grupo “Urtika”, formación que naceu no ano 2007, na veciña Ortigueira. Tamén intervirá Xacobo Casal que interpretará varios poemas en recordo da obra e mensaxe de Ramón Piñeiro.
NOTA DE PRENSA
A Concellaría de Cultura e Xuventude colabora cos distintos colectivos culturais que desenvolven actividades culturais nesta xornada festiva
RECITAL DE MÚSICA A CARGO DO GRUPO “URTIKA” CO GALLO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
• Tamen Intervendrá XACOBO CASAL que interpretará varios poemas en recordo da obra e mensaxe de RAMON PIÑEIRO.
• A cita terá lugar a partir das 20 horas no Auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.
Cervo, 16 de maio de 2009.- O Auditorio Municipal de San Ciprián acolle o domingo día 17 de maio, ás 20:00 horas, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, un concerto do grupo “Urtika”, formación que naceu no ano 2007, na veciña Ortigueira. Os seus compoñentes, a través da súa voz e os sons das guitarras, flauta, clarinete, saxo, maracas, bombo e piano, farán unha viaxe polos espazos da cultura musical de distintos continentes, tal e como no seu día tiveron que facer moitos galegos.
A Concelleria de Cultura e Xuventude colabora xunto coa Asociación Cultural “O Aventados” nesta velada, na que tamén destacará a intervención de XACOBO CASAL, quen lembrará a obra e a mensaxe do homenaxeado Ramon Piñeiro, interpretando varios poemas e pezas literarias.
A edil Chelo Gallego apuntou: “Cando son os propios colectivos culturais do noso concello os que asumen o protagonismo de organizar actividades en conmemoración do 17 de maio, a nosa obriga é colaborar con eles, promover o seu traballo, e agradecer a súa implicación. Temos un tecido asociativo dinámico e comprometido co seu pobo que nos convida a gozar de múltiples e variados espectáculos nesta xornadas festiva”
PULO A ACTIVIDADE ASOCIATIVA
Segundo explicou a concelleira de Cultura e Xuventude nesta mesma liña de apoio ás asociacións culturais, o Concello de Cervo colabora na organización de diversos eventos con poesía, música e lecturas varias que se irán realizando o longo do mes.