Site icon Crónica3.com A Mariña

Concerto de presentación do Coro da Escola de Música de Burela

BURELA (FNC) .- Mañá 22 de maio terá lugar a presentación oficial do coro da Escola Municipal de Música de Burela. Será nun concerto ás 20:30 no auditorio da Casa de Cultura.

A concelleira de Educación, Lucía Bouza, aseguraba hai uns días que desde o Concello “estamos moi satisfeitos co traballo que se está a realizar na Escola de Música posto que van xurdindo cada ano novas agrupacións dentro da escola”. E convida “a asistir a este concerto a todo o mundo. Está representada unha grande variedade de xento neste coro, hai xente adulta, hai nenos, hai un pouco de todas as idades. Está dirixido por Xulia Nogueira que é profesora na Escola de Música. Pensamos que será moi interesante e agardamos que asista moita xente”.

A edil socialista sinala que “o Concello de Burela procura sempre impulsar as actividades que se desenvolven na Escola de Música e por iso este ano imos dotar de novos traxes aos músicos da Banda, posto que, tras un número importante de novas incorporacións, son moitos os integrantes que carecen de traxe. Aproveitamos así para dotar á Banda dun novo uniforme que estrearán nas festas de Burela, no concerto que ofrecerán o día 30 ás 12:30 da mañá e tamén no acompañamento da procesión de baixada da Virxe do Carme ao porto”.

Exit mobile version