O Programa ten un dobre obxectivo, crear espazos nos que os rapaces e rapazas do IES coñezan de primeira man os traballos e oficios do noso Concello, dende empresas a traballos relacionados co agro, o mar e a casa, explicados polos propios veciños, e fomentar a igualdade de xénero.
Nesta ocasión, once rapaces e rapazas coñeceron o funcionamento tanto das canteiras e prantas de formigón do noso Concello, coa participación de Iria Gonzalez Veira, socia e membro do Consello de Administración de “Cruceiro Hormigones”, un refente da igualdade xénero, pois desempeña tarefas directivas nunha empresa tradicionalmente masculina .
Tamén aprenderon a facer formigón, facer unha parede de ladrillos e alicatar.
As actividades do Programa “Encontros” realizaranse cunha periodicidade mensual ou quincenal, segundo corresponda.