Site icon Crónica3.com A Mariña

Clausurado o curso de español para inmigrantes que organizou o concello de Ribadeo

RIBADEO (FNC) .- Clausuróuse en Ribadeo o curso de español para inmigrantes que organizou por segundo ano o Concello. Dito curso comenzou en novembro e conclúe en maio e nel participaron 18 persoas (15 mulleres e 3 homes) de nacionalidades brasileña e marroquí, na súa marioría. Ofertáronse dous horarios para facilitar a asistencia ás clases, así desenvolvéronse os martes e os xoves de 10:30 a 11:30 horas e polas tardes os luns e mércores de 20:30 a 21:30 horas.
O rexedor de Ribadeo, Fernando Suárez, amósase moi satisfeito “pola acollida que tivo este curso que lles axuda nas súas relacións sociais e tamén na posibilidade de conseguir traballo entre nós” e engadiu que “seguiremos a traballar na organización de actividades para os inmigrantes”.
Desde a Oficina de Atención ao Inmigrante de Ribadeo sinalan que “o ano que ven queremos continuar con estas clases xa que desde o Concello consideramos que o coñecemento da lingua é fundamental como vehículo de integración e chave de acceso á nosa sociedade. Desta forma facilítaselles a inserción a un mercado laboral máis amplo”.
Os participantes reuníronse á mesa para clausurar este curso e fixeron unha degustación de productos típicos dos seus países.

Exit mobile version