NOTA DE PRENSA
O Concello de Cervo está a verter fecais sen depurar ao Río Xunco
Os populares comprometéronse por escrito a tomar medidas no 2004 e no 2008, pero aínda non fixeron nada
O Grupo Municipal Socialista de Cervo quere facer público o estado lamentable no que se atopa o Río Xunco, consecuencia da política de “brazos cruzados e ombros arriba” que practica o PP en Cervo.
Falla de mantemento
O Concello de Cervo está vertendo augas fecais sen depurar ao Río Xunco, na zona de “As Quintas”. As balsas de decantación que terían que facer a labor de depuración, non están a traballar debido a falla de mantemento das mesmas.
O mantemento consiste na limpeza e aspiración dos decantadores cada certo tempo, e tamén o control ambiental das augas, pero calquera que se acerque á zoa pode ver, que estes traballos non se están a realizar. Al menos tres das balsas de decantación presentan na súa cuberta, unha capa de residuos, o que ocasiona malos olores e o que é mais grave, unha falla de condiciones hixiénico sanitarias no entorno, que con a chegada do calor pódese converter nun foco de infeccións.
A ruta do Muíño, afectada
En uno dos marxees do río, atópase ademais a ruta de sendeirismo Sargadelos-Rueta, que saíndo da zoa do “Muiño” de Cervo, atópase tamén nunhas condicións de abandono absolutas, estando sen retirar árbores que cortan o camiño, e sen arranxar moitos tramos deteriorados e sen acondicionar. Esta ruta pasa pola zoa das balsas de decantación observándose en ocasión que o río nesta zoa está turbio polos vertidos.
O Concello non toma medidas
O Concello de Cervo xa foi advertido en varias ocasións por estes feitos, tanto por denuncias veciñais no 2004 coma por organismos dependentes da Consellería de Medio Ambiente. Desta maneira no 2008 o Concello de Cervo foi requirido para que acometera actuacións encamiñadas a resolver os problemas do saneamento de Cervo e o concello comprometeuse por escrito a facelo, e a falla de acometer as obras, a realizar as correspondentes labores de mantemento para reducir o impacto medioambiental dos vertidos.
O Grupo Municipal Socialista pedirá ao Concello que se inclúan estas obras nas partidas presupostarías, no caso que o concello algún día sexa capaz de presentar os presupostos.