Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo pechou as escolas deportivas municipais cun variado programa de actividades

CERVO .-A Delegación de Deportes do Concello de Cervo, que dirixe a popular Yolanda Pedreira, organizou un variado programa de actividades con ocasión do peche da segunda tempada das Escolas Deportivas Municipais (EDM) na que participaron uns 200 rapaces e adultos.

NOTA DE PRENSA

Preto de 200 rapaces e adultos participaron nas EDM unha iniciativa posta en marcha polo Goberno que dirixe Alfonso Villares e que celebra xa o seu segundo ano de existencia, envorcada na promoción do deporte e da saúde no municipio.

CERVO PECHA A TEMPORADA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS CUN VARIADO PROGRAMA DE ACTIVIDADES

•    A xornada de clausura, que terá lugar hoxe venres 29 de maio, comezará ás 18.30 horas no pavillón de Cervo con varias actividades deportivas e rematará, ás 21.30 horas nese mesmo lugar, coa presentación da revista oficial das Escolas e un visionado fotográfico.

•     O programa inclúe xogos inchables para os máis pequenos, enfrontamentos de fútbol sala e baloncesto (3×3, 2×2, 1×1) e unha exhibición das distintas actividades.

Cervo, 29 de maio de 2009.- A Delegación de Deportes do Concello de Cervo, que dirixe a edil do Partido Popular Yolanda Pedreira, organizou un variado programa de actividades con ocasión do peche da segunda tempada das Escolas Deportivas Municipais (EDM). A cita terá lugar este venres 29 de maio a partir das 18.30 horas no pavillón do Colexio de Cervo.

XOGOS E EXHIBICIÓNS

Segundo o programa previsto para a xornada de peche de temporada, rapaces e adultos das escolas poderán participar en distintas actividades como xogos de fútbol e baloncesto (3×3, 2×2, 1×1,)… etc. Para os máis pequenos habilitaranse xogos nos inchables. Despois, ás 20.00 horas terá lugar unha exhibición a cargo dos alumnos das clases de ximnasia de mantemento, aeróbic adultos e ás 20.30 de patinaxe artístico

REVISTA OFICIAL E PETISCADA

Finalmente, ás 21.30 horas celebrarase o acto oficial de clausura, presidido polo Alcalde Alfonso Villares, e no que se presentará e fará entrega da revista oficial das Escolas Deportivas Municipais, xunto a un visionado fotográfico das distintas actividades. O acto rematará cunha petiscada na que poderán participar todos os alumnos e familiares das EDM.

NOVO SERVIZO, COMPROMISO CO DEPORTE

As Escolas Deportivas Municipais poñerán fin a súa segunda tempada, durante a que teñen participado preto de 200 rapaces e adultos nas súas distintas clases. Trátase dun novo servizo, impulsado desde o Goberno municipal que preside Alfonso Villares e dirixido ao fomento do deporte. O número de participantes acadado, o desenvolvemento das distintas actividades, e a resposta satisfactoria dos alumnos, permite concluír con éxito o segundo ano de existencia das Escolas.

Exit mobile version