Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo faise con 220 mil metros cadrados do polígono de Xestur en Cuiña

CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e Jorge Carballeira, en representación de Xestur, asinaron a escritura de cesión gratuíta a favor do Concello de Cervo, de varias parcelas do parque empresarial de Cuíña. Así pasarán a formar parte do patrimonio municipal preto de 220.000 novos metros cadrados, repartidos en dezaseis parcelas que serán destinadas a diversos fins: Dúas parcelas para equipamento social (73.934 metros cadrados), equipamentos deportivos (14.439 m2), zona verde (67.144 m2) zona comercial (4.899 m2); aparcamentos (29.391 m2) e, finalmente hai 29.143 metros cadrados en terreos destinados a vías peonís e obras.

NOTA DE PRENSA

Unha vez formalizada a devandita cesión 220.000 novos metros cadrados pasarán a integrarse no patrimonio municipal achegando un valor que supera o millón de euros

VILLARES E XESTUR LUGO VEÑEN DE ASINAR A CESIÓN DE TERREOS NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE CUÍÑA

Cervo, 25 de maio de 2009.-  O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e Jorge Carballeira, en representación de Xestión Urbanística de Lugo – XESTUR S.A., veñen de asinar no día de hoxe a escritura de cesión gratuíta a favor do Concello de Cervo, de varias parcelas do Parque Empresarial de Cuíña.

Deste xeito, pasarán a formar parte do patrimonio municipal preto de 220.000 novos metros cadrados, repartidos en dezaseis parcelas que serán destinadas a diversos fins: Dúas parcelas para equipamento social (73.934 metros cadrados), equipamentos deportivos (14.439 m2), zona verde (67.144 m2) zona comercial (4.899 m2); aparcamentos (29.391 m2) e, finalmente hai 29.143 metros cadrados en terreos destinados a vías peonís e obras.

O valor dos espazos obxecto de cesión supera o millón de euros, sendo este concretamente de 1.080.555 euros.

Entramos no que sería a última fase do Polígono Industrial de Cuíña, na que aínda queda unha superficie de 33.663,41 m2 sen vender, dunha superficie total do polígono de case cincocentos mil metros cadrados, dos cales son construíbles algo máis de 300.000.

O Polígono Industrial de Cuíña nace nos anos oitenta, pero o seu máximo desenrolo alcanzouno nestes últimos nove anos, mediante a implantación de diversas empresas, entre as que se atopan as máis importantes vinculadas ao mundo do mar.

“Neste momento, o Concello de Cervo ten que pensar no futuro, un futuro que pasa polo desenrolo de máis solo industrial neste concello, algo que xa hai que ir planificando desde agora mesmo para dentro duns anos, dispoñer de solo para aquelas industrias que se queiran asentar en Cervo”, manifesta o señor alcalde.

Exit mobile version