Site icon Crónica3.com A Mariña

Buril conmemora o Día das Letras co lema “Temos umha língua mundial!”

BURELA .- O Colectivo Cultural Buril conmemora o Día das Letras Galegas deste ano, baixo o lema “Temos umha língua mundial!” e organiza diversos actos dende o 9 ao 16 de maio. A banda de rock burelá Torques un concerto o día 9 e, o día 16, Buril pintará un mural para reivindicar que a Real Academia Galega lle dedique o Día das Letras do ano 2010 a Ricardo Carvalho Calero

Nota de Prensa

O Colectivo Cultural Buril realizará unha serie de actos para commemorar o Día das Letras Galegas deste ano, baixo o lema Temos umha língua mundial!. O primeiro deles terá lugar o próximo sábado, 9 de maio, no pub burelao Penta, onde haberá unha Festa pola língua, a partir das 22:00 horas, con petiscos de balde para ir abrindo boca antes do concerto que dará a banda de rock burelá Torques, sobre as 00:00 horas. A seguir ao concerto pincharase música en galego e proxectaranse vídeoclips de bandas que cantan en galego, así como músicas doutros países que integran a CPLP (Comunidade de Países de Língua oficial Portuguesa), como Portugal, Brasil, Cabo Verde, Angola, etc. tentando que estean representadas o maior número posíbel de variantes da nosa língua.

As actividades continuaram a próxima semana, concretamente o sábado 16 de maio, día no que o Buril pintará un mural para reivindicar que a Real Academia Galega lhe dedique o Día das Letras do próximo ano 2010, ao que foi um dos máximos exponentes do reintegracionismo, Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910-Compostela, 1990), ano do centenario do seu nacemento e do octoséximo aniversario do seu pasamento.

Esta demanda está tamén incluída no manifesto Galego Sempre Mais, manifesto ao que aderiu o Buril e impulsado pola plataforma que leva o mesmo nome, integrada por colectivos, locais sociais e por todo o movemento de base reintegracionista do país, para defender o galego perante os ataques que está a sofrer por parte do españolismo máis agresivo e antigalego dos últimos tempos. Esta plataforma convoca unha manifestación para o Domingo, 17 de maio, em Compostela, á cual o C.C. Buril convida a asistir a todos os burelaos e burelás na defensa do galego.

Exit mobile version