BUREAL (FNC) .- O Concello de Burela conta cunha nova zona infantil nas inmediacións da praia de A Marosa. O concelleiro de Obras, Pascual Doménech, explica que “a idea do proxecto xestouse a partir dunha petición por parte do goberno local diante da Dirección Xeral de Sostebilidade da Costa e do Mar para cubrir unha demanda social, e logo da necesidade que contemplou o Concello de dotar ao noso pobo de instalacións axeitadas para ocio infantil complementario á época estival”.
O edil socialista engade que “a situación elixeuse en base ao aproveitamento dun espazo orixinal, atractivo e agradable, incluido nun entorno excepcional e de excelente calidade que nos ofrece a praia de A Marosa”. Doménech sinala que “todos os xogos están relacionados co medio onde están instalados e conteñen cores vivos e limpos e formas suaves e redondeadas, todos eles adaptados á normativa europea sobre espazos infantís e revestimento de solos. Dende o Concello esperamos que se respecte ao máximo posible o mobiliario de xogo, así como o cumprimento das normas e consellos do panel informativo alí instalado”.
Cambios no tráfico rodado o luns
O luns, durante todo o día, estará pechado o acceso ao porto de Burela para o tráfico pesado pola Aveniva da Mariña, debido a que se procederá ao escarificado e posterior asfaltado do seu cruce con Arcadio Pardiñas. O edil de Obras di que “ao ser un tramo que soporta camións de gran tonelaxe, o seu arranxo leva consigo unha aplicación de aglomerado especial drenante, que necesita un tempo de asentamento. O acceso ao porto será por A Casilla-A Marosa-Burela e a saída do porto será por Avenida da Mariña ata o cruce da carretera de A Marosa-A Casilla. Si as previsións se cumpren, a última hora da tarde quedará solucionado este peche provisional”.