Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro formará parte do Comité Executivo do PPdeG

NOTA DE PRENSA
O deputado mariñán foi designado para este posto no cónclave popular da pasa fin de semana como recoñecemento aos eu inmellorable labor e polas súas posibilidades de seguir chegando experiencia, traballo e dedicación ao PPdeG
JOSE MANUEL BALSEIRO FORMARÁ PARTE DO COMITÉ EXECUTIVO DO PARTIDO POPULAR

DE GALICIA

* Balseiro foi o coordinador electoral na provincia de Lugo nas pasadas eleccións autonómicas e polo tanto partícipe do estupendo resultado electoral na provincia de Pepe Blanco, Ricardo Varela e Fernándo Blanco.

A Mariña, 12 de maio de 2009.- Jose Manuel Balseiro Orol formará parte do Comité Executivo do Partido Popular de Galicia despois de que a lista encabezada por Alberto Núñez Feijóo obtivera o refrendo dos compromisarios do PPdeG no Congreso celebrado a pasada fin de semana.

Feijóo contará no seu novo equipo co deputado mariñán, despois de que na primeira etapa como presidente do PPdeG –que comezou en xaneiro de 2006- procedera tamén ao seu nomeamento como membro do Comité de Dirección.

Balseiro Orol foi o coordinador da campaña electoral das pasadas eleccións autonómicas e, polo tanto, partícipe da vitoria nestes comicios nos que o Partido Popular de Galicia obtivo na provincia de Jose Blanco, de Ricardo Varela e de Fernando Blanco un magnifico resultado.

O deputado mariñán foi designado para este posto no cónclave popular como recoñecemento aos eu inmellorable labor e polas súas posibilidades de seguira chegando experiencia, traballo e dedicación ao Partido Popular de Galicia.

Exit mobile version