Site icon Crónica3.com A Mariña

Aumentan os usuarios do Centro de Dinamización de Ribadeo

RIBADEO (FNC).- A Rede de Dinamización da Sociedade da Información continuou en abril co seu traballo decidido a prol da inmersión da sociedade galega nas novas tecnoloxías en Ribadeo. No mes que remata impartiu un total de 6 obradoiros tecnolóxicos, a través dos que se formou a 46 persoas e que se estenderon ao longo de 19 horas.

Asemade, 43 persoas inscribíronse como usuarios/as da Rede para poder aproveitar -sempre de xeito gratuíto- as instalacións e todas as actividades desta oferta nas horas de aula aberta, que foi utilizada nun total de 638 ocasións.

En canto aos números xerais da Rede, desde que botara a andar neste concello de Ribadeo en febreiro de 2007, foron xa 791 os usuarios e usuarias que fixeron o carné da RDSI. Neste tempo leváronse a cabo 71 obradoiros, nos que se formou a 430 participantes.

Os máis impartidos foron Iniciación á Informática (en 23 ocasións) e Iniciación a internet (20 veces). Creación dunha conta de correo electrónico e Solicitude de cita médica en internet foron os seguintes na lista. Cabe tamén destacar outros levados a cabo como Xogos educativos en internet, Saúde en internet ou Mecanografía, que poñen de manifesto a grande diversidade formativa que oferta a Rede.

Exit mobile version