Site icon Crónica3.com A Mariña

Descubre o PSOE de Cervo que están sen amañar as instalacións do Concello danadas polo ciclón Klaus

NOTA DE PRENSA
Villares ve a palla no ollo alleo, e non ve a viga no propio
As propias instalacións do Concello aínda non foro reparadas despois de tres meses do “Klaus”
O Grupo Municipal Socialista quere denunciar a dobre vara de medir que ten o Sr. Villares á hora de demandar doutras institucións axilidade e accións que el mesmo non realiza no seu concello.
Despois do paso do “Klaus”, os Socialistas interesámonos polo inventario dos danos no Concello e tres meses despois e á vista de que o alcalde saía día si e día tamén denunciando a demora da Xunta, decidimos comprobar dando unha volta polo Concello, se o Sr. Villares había feito os deberes que lle correspondían. O resultado foi que non.

Exit mobile version