Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o PP de Cervo que veciños queixáronse de que o BNG pegou carteis antes do inicio da campaña

Nota de Prensa

Os populares fanse eco das queixas de varios veciños do concello que observaban como simpatizantes da formación política nacionalista estaban a distribuír propaganda electoral antes da hora legalmente establecida

O PP DE CERVO DENUNCIA QUE O BNG PEGOU CARTEIS DA CAMPAÑA ELECTORAL ANTES DO INICIO DA MESMA

•    Poderían trasladar estes feitos á Xunta Electoral co obxecto de que valoren se son constitutivos de infracción ou poderían dar lugar a algún tipo de sanción administrativa ou incluso penal.

Cervo, 21 de maio de 2009.- O Partido Popular de Cervo vén de denunciar que o Bloque Nacionalista Galego local estivo a pegar carteis da campaña electoral nos espazos públicos cedidos polo concello e noutros puntos habituais para a colocación desta propaganda antes da hora legal de inicio da mesma.

Os populares fixéronse eco das denuncias de varios veciños que observaron como afiliados, simpatizantes, apoderados e interventores da formación política nacionalista estaban a distribuír e pegar propaganda electoral antes do tempo legalmente permitido.

“A cuestión é moi sinxela, se os carteis son publicidade electoral do BNG, non podeN pegarse nos lugares destinados á mesma porque tan só é posible facelo a partir das doce da noite do día de hoxe, cando se permite legalmente. E se non é publicidade electoral, deberá colocarse en lugares privados destinados á publicidade habitual e non nos tabolerios municipais”.

Xa que logo, o PP estudará a posibilidade de dar traslado destes feitos á Xunta Electoral co obxecto de que se adopten, de ser necesario, as medidas e sancións correspondentes. Segundo explican, poderían constituír un suposto de infracción administrativa ou incluso penal.

Exit mobile version