Nota de Prensa
O BNG DENUCIA A FALTA DE RESPETO AOS MAIORES DO GOBERNO MUNICIPAL AO CONVERTER O SEU DIA NUN MITIN DO PP
A nova Conselleira de Traballo e Benestar Social desaproveitou a súa primeira visita institucional a Cervo ao non anunciar ningunha medida de apoio aos maiores cervenses
Cervo, 2 de maio de 2009. O BNG denunciou o uso partidista o acto anual cos maiores de Cervo coa presenza de da Conselleira de Traballo e Benestar Social que no lugar de aproveitar a oportunidade para anunciar algunha medida do novo goberno da Xunta en beneficio do maiores dedicouse no seu discurso a criticar ao anterior goberno bipartito. Ademais, o BNG criticou a presenza do Secretario Provincial do PP, José Manuel Barreiro, que sen representar a ningunha institución, sentouse na mesa presidencial non se sabe en calidade de que.
USO PARTIDISTA DUNHA FESTA INSTITUCIONAL NA HONRA DOS MAIORES
Semella que o PP non aprendeu nada do seu paso pola oposición ao goberno da Xunta e segue mantendo os mesmos tics que o caracterizaron durante o goberno de Fraga. A presenza do Secretario Provincial do PP, José Mnanuel Barreiro, sentado na mesa presidencial durante o xantar dos xubilados de Cervo sen representar a ningunha institución puxo de manifesto que este partido segue confundindo institución con partido e que esta persoa ademais de vir a xantar a conta dos veciños de Cervo, obviou que neste momento non ostenta ningún cargo institucional e ue a cita dos xubilados cervenses non era o lugar mais axeitado para vir a preguntar que hai de lo mío, o cal pon de manifesto a falta de respecto do PP aos maiores cercenses.
A CONSELLEIRA DESAPROVEITOU A OPORTUNIDADE DE ANUNCIAR ALGUN COMPROMISO COS XUBILADOS CERVENSES
A Conselleira, Beatriz Mato, desaproveitou a súa primeira visita institucional a Cervo cun discurso no que ademais de criticar a labor do anterior bipartito, non puxo sobre a mea ningunha medida concreta para os maiores de Cervo, como puidera ser a creación dun Centro de Dia o outras infraestructuras con repercusión directa nos maiores. O BNG lamenta que os anuncios da Conselleira sobre a creación de Centros de Día en concellos de 1.500 habitantes non se concretase en nada para Cervo e lonxe disto as únicas alusións a medidas aos seu programa de goberno fosen xenéricas ou para alabar as virtudes do novo presidente Alberto Nuñez Fejoo, salpicadas con continuas criticas ao traballo de bipartito.