RIBADEO (FNC).- O pleno do Concello aprobou nas últimas horas por unanimidade unha moción en defensa do sector lácteo. O alcalde, Fernando Suárez, explicou que “o acordo foi unánime, como non podía ser doutra maneira, en defensa dun sector importante para o país e moi importante para o noso concello. Ainda que hoxe a manifestación ten un carácter comarcal, desde Ribadeo queremos apoiar a esta xente que tanto emprego directo e indirecto xenera”. A moción foi plantexada polas centrais convocantes da manifestación de hoxe en Ribadeo, Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego, Asaja e Agaca.
O rexedor ribadense sinalou que “parécenos unha situación dramática a que están a sofrir nestes últimos tempos e que todo apunta a que teña nubes negras nun futuro inmediato. Habería que reflexionar o porqué desde a entrada na UE o Estado español ten dereito a producir menos leite do que consume e porqué outros Estados da UE teñen dereito ou poden producir moitísimo máis do que consumen de aí que os nosos mercados sexan invadidos por materia, por leite a prezo moi inferior ao coste de producción aquí”. Fernando Suárez considera que estas manifestacións e estas mocións aprobadas nos concellos deberían ser tidas en conta polo goberno do Estado “e deberían servir de toque de atención ao goberno galego, ainda que ten menos capacidade de maniobra, para que actuacións como as que se tentaron poñer en marcha nos últimos tempos como a creación dun grupo lácteo galego non caigan en saco roto”.
O alcalde de Ribadeo amosou “o apoio unánime do alcalde e da Corporación de Ribadeo ao sector lácteo”.
No pleno de onte todos concelleiros renunciaron a cobrar a dieta por asistencia a dita sesión extraordinaria. O alcalde non percibe cantidade algunha por acudir a estes actos.