NOTA DE PRENSA (FNC)
O BNG DE BARREIROS AMÓSALLE O SEU APOIO AOS GANDEIROS AOS QUE LEITE RÍO NON LLES RECOLLE A SÚA PRODUCCIÓN. OS NACIONALISTAS CONSIDERAN QUE NON SE TRATA DUN PROBLEMA PUNTUAL E PÍDENLLE Á XUNTA QUE TOME CARTAS NO ASUNTO DE INMEDIATO.
Barreiros, 26 de maio de 2009. O BNG de Barreiros amósalle o seu apoio aos gandeiros aos que Leite Río non lles recolle a súa producción. Antonio Veiga di que “nós discrepamos co que se dixo por parte de cargos políticos do PP, concretamente por parte do alcalde de Barreiros e por parte da presidenta da mesa da gandeiría, Enma Álvarez, recente parlamentaria electa. Nós non coincidimos para nada en que esto é un problema puntual de dúas gandeirías por un enfrontamento coa empresa. O problema que subxace de fondo é o dos prezos do leite. Parece mentira que estas dúas persoas non se dean conta de que o tema central é reivindicar un prezo xusto, tal e como se fixo nunha manifestación convocada polos sindicatos que se celebrou en Ribadeo e á que asistiron estes dous políticos. Non sei si se enterarían moi ben a qué foron á manifestación, espero que foran a algo máis que a sacar a foto, e neste senso tamén esperamos moito máis deste goberno, porque tampouco son de recibo as respostas que se deron desde a Consellería decindo que non era un tema importante e que se trataba dun tema puntual”.
Veiga Outeiro sinala que “nós aquí en Barreiros nun momento no que se fala tanto de economía especulativa e de economía productiva… en Barreiros sabemos moi ben o que é a economía productiva, pero o que non imos aceptar no BNG é que aos que realmente adican o seu esforzo a producir sen ningún tipo de especulación e axustándose sempre á lei sexan os que teñan que pagar os resultados da crise ou dunhas políticas diseñadas desde Europa, onde Galiza non tivo a suficiente voz ou a suficiente presenza para evitar esto”. O voceiro nacionalista en Barreiros engade que “vinte anos despois seguimos igual e estánse a ver as nefastas consecuencias dunha mala negociación en Europa. Polo tanto non é un tema puntual o destes dous productores de leite, que para nós e para todos os barreirenses merecen todos os respectos e comprendemos a dificilísima situación pola que atravesan”.
Desde o BNG apuntan que “son xente que viviu sempre aquí, que traballou sempre aquí, que dignificou o agro e que elevaron as súas explotacións ao máximo nivel de tecnoloxía, de eficiencia e de calidade, e así estaban recollendo premios porque eran das gandeirías máis laureadas en todos concursos de Galiza e do Estado”.
Os nacionalistas amósanlles o seu apoio “aos gandeiros de Barreiros e da Mariña nestas súas reivindicacións e que este goberno, que parece ser que vai estar eternamente en funcións, se poña as pilas e que esto sexa tamén o centro do debate (agora que estamos en campaña electoral das europeas) o sector productivo galego. Parece ser que ninguén quere introducir este debate porque os outros dous partidos defenden o mesmo modelo económico neoliberal en Europa e no Estado español. Agardo que esto serva para centrar a atención no que é a razón de ser do noso concello e dunha gran parte da nosa comarca e da nosa provincia como é o agro e a gandeiría”.