Site icon Crónica3.com A Mariña

Apoio de ACISA e CCA á manifestación en defensa do sector lácteo en Ribadeo

RIBADEO (FNC) .- ACISA e o Centro Comercial Aberto de Ribadeo amosan o seu apoio á manifestación en defensa do sector lácteo que se celebrará mañá venres na vila, organizada por varios sindicatos agrarios.

Desde a patronal ribadense expón aos seus asociados que pechen mañá os seus establecementos comerciais entre as 12 e as 13 horas como mostra de solidariedade coas demandas do sector gandeiro galego.

As centrais sindicais mantiveron un encontro informativo hai uns días co presidente de ACISA e do CCA, Gervasio Cao, para demandarlle o apoio de comerciantes, industriais, autónomos e hostaleiros de Ribadeo.

Exit mobile version