Site icon Crónica3.com A Mariña

A deputación aportará 440 mil euros para dotar de céspede artificial o campo de Cembedo en Viveiro

VIVEIRO .- O delegado da Área de Deportes da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga,  asinou un convenio de colaboración entre o ente provincial e o Concello de Viveiro mediante o cal as instalacións do campo de fútbol municipal do Cembedo se dotarán de céspede artificial. No acto participaron o alcalde de Viveiro, Melchor Roel, e representantes dos grupos políticos municipais.
Nota de Prensa

ANTONIO VEIGA ASISTIU Á SINTARUA DO CONVENIO PARA DOTAR DE CÉSPEDE ARTIFICIAL O CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL “O CEMBEDO” DE VIVEIRO

O convenio de colaboración estableceuse entre a Deputación de Lugo, representada por Antonio Veiga, e o Concello de Viveiro

LUGO, 14 de maio de 2009. O delegado da Área de Deportes da Deputación, Antonio Veiga,  achegouse ao concello de Viveiro para asistir á sinatura  dun convenio de colaboración entre a Deputación e o Concello de Viveiro mediante o cal as instalacións do campo de fútbol municipal do Cembedo se dotarán de céspede artificial. No acto de sinatura estiveron o propio delegado da Área de Deportes da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, mailo alcalde do Concello de Viveiro, Melchor Roel. Antonio Veiga informou que “a Área de Deportes da Deputación aportará un total de 440.000 euros para efectivar esta obra tan necesaria para A Mariña”.

Coa sinatura deste convenio, a Área de Deportes da Deputación fai fronte ás deficiencias que esta infraestrutura deportiva presentaba, consolidando o seu traballo a prol de dotar aos concellos das comarcas lucenses de instalacións deportivas públicas e de calidade, que permitan a práctica do deporte a toda a cidadanía nunhas condicións óptimas. Deste xeito, co novo céspede artificial, o campo de fútbol do Cembedo poderá soportar un uso moito máis continuado e intensivo, xa que os materiais empregados para a construción deste tipo de recintos deportivos presentan unha resistencia moi alta ao desgaste. Outra das vantaxes da superficie de herba sintética, fronte á herba natural, é a de carecer dun mantemento exhaustivo, o que se traduce nun maior aforro económico co paso do tempo.

Exit mobile version