Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG recordou ao obreiro da construción finado en Burela

BURELA .- A CIG recordou durante unha concentración ao obreiro da construción finado días pasados en Burela a raíz dun accidente no que perdeu a vida J.G.B., de 43 anos de idade. Dende a CIG sinalan que “Resulta fundamental que todos (empresas, administracións e traballadores) fagamos os esforzos necesarios para evitar que traxedias coma esta volvan ocorrer. Pensemos que a próxima víctima poderíamos ser calquera de nós. Temos que poñer todos os medios para que os accidentes sexan menos e as súas consecuencias menos graves. ”

Nota de Prensa

CONCENTRACION  DA CIG CONTRA NOVO ACCIDENTE LABORAL MORTAL NA MARIÑA

Como facemos sempre que ten lugar na nosa comarca un fatídico accidente laboral que remata coa morte dun traballador/a, e tras o lamentable suceso acaecido o venres nunha obra do Concello de Burela, que lle custou a vida ao traballador da construción J.G.B., de 43 anos de idade, membros da Confederación Intersindical Galega imos facer unha concentración silenciosa en mostra de solidariedade co finado, a súa familia e os seus compañeiros de traballo.
A citada concentración terá lugar hoxe luns as 18h. diante do lugar onde ocorreu o accidente.
Con esta concentración, como coas outras que viñemos facendo, pretendemos, ademais, que  este tipo de feitos non pasen fugazmente como unha breve noticia máis nos xornais, e que sexamos capaces de dedicar un momento a recapacitar na importancia da prevención de riscos e o traballo con seguridade.
Resulta fundamental que todos (empresas, administracións e traballadores) fagamos os esforzos necesarios para evitar que traxedias coma esta volvan ocorrer. Pensemos que a próxima vítima poderíamos ser calquera de nós. Temos que poñer todos os medios para que os accidentes sexan menos e as súas consecuencias menos graves.

Exit mobile version