Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Xove reforza a brigada de obras con dous novos vehículos

XOVE .- O Concello de Xove conta con dous novos vehículos de adquisición propia que serán destinados a brigada municipal de obras. Tratase de un camión cunha capacidade de carga de 3.500 quilos e de un vehículo de uso mixto, que pode transportar persoas e carga ao mesmo tempo. Ambos aportarán unha mellora para os servizos que presta a brigada municipal. Na recepción dos vehículos participou o alcalde, Demetrio Salgueiro; o primeiro tenente de alcalde, José Manuel González, e do xerente de Nissan Autoprais Lugo Ramón González.

NOTA DE PRENSA

PRESENTADOS DOUS NOVOS VEHÍCULOS PARA BRIGADA MUNICIPAL DE OBRAS DO CONCELLO

Hoxe pola mañá, na Praza do Centro Cívico, tivo lugar a presentación dos dous novos vehículos adquiridos polo Concello para Brigada Municipal de Obras, presentación que contou coa presencia do Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado do 1º Tnte. De Alcalde José Manuel González e do Xerente de Nissan Autoprais Lugo Ramón González.
Trátase dun Nissan Navara e dun Nissan Atleon, o primeiro é o que se coñece como pick up (expresión americana) e o segundo un camión  con carga de 3.500 kilos. Trátase de dous vehículos novos e completamente equipados que van se adscritos á Brigada Municipal de Obras, e que lle supuxeron unha inversión de 70.000 euros ao Concello, 27.700 €uros o Nissan Navara e 42.200 o Nissan Atleon.
Os dous vehículos van ser destinados a obras de tipo pequeño e mediano, dado que o Concello xa dispón dun camión grande que se utiliza para as obras de maior envergadura.
O Nissan Navara é un vehículo de uso mixto, dado que pode transportar persoas (4 máis o conductor)  e carga ao mesmo tempo, sendo especialmente efectivo para chegar a lugares de difícil acceso, dado que está equipado con tracción integral. En canto ao Nissan Atleon trátase dun camión de mediano tonelaxe equipado cunha pequena grua, especialmente axeitado para traballos de albanelería.
Como conclusión, decir que os dous vehículos van supor unha importane mellora nos servizos que a  Brigada Municipal de Obras presta a tódolos veciños.

Exit mobile version