Site icon Crónica3.com A Mariña

58 concellos da provincia de Lugo poderán beneficiarse de axudas da Xunta para xulgados de Paz

SANTIAGO .- Un total de 58 concellos da provincia de Lugo poderán beneficiarse de axudas da Xunta para Xulgados de Paz. A Xunta de Galicia achegará un total de 579.175,40 euros aos concellos para subvencionar os gastos de funcionamento dos xulgados de paz de 270 concellos galegos

Comunicado

A XUNTA ACHEGARÁ 579.000 EUROS AOS CONCELLOS PARA SUBVENCIONAR OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DOS XULGADOS DE PAZ
Recibirán estas axudas un total de 270 concellos galegos; 80 deles da provincia da Coruña, 58 de Lugo, 83 da provincia de Ourense e 49 da provincia de Pontevedra
A Xunta de Galicia achegará un total de 579.175,40 euros aos concellos para subvencionar os gastos de funcionamento dos xulgados de paz. Así o aprobou esta mañá o Consello, que acordou fixar os módulos para a distribución do crédito que figura nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2009.
Neste sentido, as axudas aos municipios para sufragar estes gastos modularanse en función da poboación do seguinte xeito:
Habitantes Contía anual
De 0 a 499 450,79€
De 500 a 999 832,02€
De 1.000 a 2.999 1.570,34€
De 3.000 a 4.999 2.258,76€
De 5.000 a 6.999 2.793,26€
De 7.000 a 10.999 3.229,41€
De 11.000 a 16.000 3.256,78€
De máis de 16.000 4.274,69€
Recibirán estas axudas un total de 270 concellos galegos; 80 deles da provincia da Coruña, 58 de Lugo, 83 da provincia de Ourense e 49 da provincia de Pontevedra.

Exit mobile version