XOVE .- Dende o Departamento de Agricultura do Concello de Xove organizouse unha viaxe a Ribadeo dirixida aos titulares de explotacións de gando situadas no Concello de Xove. Na mesma participan uns 50 gandeiros/as que partiron hoxe, martes 26 de maio, ás 10:00 horas, en dirección ao Centro de Formación e Experimentación Agraria “Pedro Murias” de Ribadeo, onde os gandeiros recibirán información das actividades e cursos que se realizan no Centro, ademais de ver as instalacións do mesmo. Acompañando á expedición vai a Concelleira de Agricultura Dolores Meitín.
Logo, despois do xantar, visitaranse dúas explotacións de carne ecolóxica en Remourelle (Ribadeo), para retornar finalmente a Xove.