Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornadas Británicas no IES Perdouro de Burela

BURELA .- Con motivo da próxima viaxe a Londres, que se vai celebrar do 16 ó 19 de abril, o Seminario de Inglés do IES Perdouro celebrou a clausura dunhas xornadas británicas de carácter cultural que se estivo organizando ao longo da semana. As actividades destas tardes de inmersión á cultura e costumes británicas consistiron na proxección de reportaxes, seguidas de pequenos coloquios. Remataron estas xornadas coa celebración da tradicional e moi británica cerimonia do té. Os alumnos contribuíron aportando sobremesas e pastas típicas inglesas, tales como /scones, muffins /ou /brownies, /que fixeron a delicia tanto de profesores como dos propios estudantes. Todo un éxito entre o alumnado que mostrou moito entusiasmo e curiosidade.

Exit mobile version