Ribadeo acollerá o vindeiro 10 de maio unha xornada de música e baile tradicional. Está organizada pola TRADESCOLA (Asociación de Gaiteiros Galegos), coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo e as clases serán impartidas por Montse Rivera e Uxía Cribeiro. As persoas interesadas en participar teñen que chamar ao teléfono 982 22 99 66 ou enviar un correo electrónico á : tradescola@gaiteirosgalegos.com