Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciños de San Cosme de Barreiros piden a Fomento solucións ao corte do Camiño Real

O último tramo da A8 en Galicia inaugurouse o 7 de novembro do ano pasado

BARREIROS .- Veciños de San Cosme de Barreiros recollen firmas para solicitar ao Ministerio de Fomento que “adopten as solucións técnicas mais axeitadas para evitar o corte de tal camiño”, referíndose ao Camiño Rela, afectado por obras da A8. Os veciños expoñen que o cote de esta vía “que comunicaba esta parroquia coas fincas do barrio da Espiñeira e daba servizo a diversas fincas da zona da entrada de San Cosme, queda cortado polo vial de acceso desde a N-634, na zona de Estacaxugos”. Os veciños suxiren a creación dun paso elevado, a construción de vías de servizo e que se adopten as medidas de seguridade que sexan necesarias.

Solicitude que presentan os veciños

Os abaixo asinantes como veciños de Barreiros e afectados polo trazado da Autovía do Cantábrico ao seu paso por San Cosme de Barreiros

EXPOÑEMOS

PRIMEIRO: Que o denominado Camiño Real, que atravesa toda a parroquia de San Cosme de Barreiros e que comunicaba esta parroquia coas fincas do barrio da Espiñeira e daba servizo a diversas fincas da zona da entrada de San Cosme, queda cortado polo vial de acceso desde a N-634, na zona de Estacaxugos, á autovía A-8, co conseguinte prexuízo para os propietarios das mesmas.
SEGUNDO: Así mesmo, a non existencia dunha vía de servizo polo lado norte do vial de acceso á autovía, provoca que numerosas fincas queden sen ningún tipo de acceso.
TERCEIRO: Debido a estas situacións, o mesmo Camiño Real no punto en que conflúe co vial de acceso vindo de San Cosme, presenta un claro problema de seguridade ao non estar sinalizado que o devandito camiño carece de saída e rematar xusto no vial de acceso da N-634 á A-8 a unha altura de varios metros de desnivel.
Debido á pasividade dos organismos competentes ante este problema que afecta a numerosos veciños

SOLICITAMOS
Se teña por presentado este escrito a todos os efectos oportunos e se adopten as solucións técnicas mais axeitadas para evitar o corte de tal camiño, como poderían ser a construcción dun paso elevado sobre o vial de acceso da N-634 á A-8, que dea continuidade ao camiño, e a construcción de vías de servizo a ambas marxes do mencionado vial, entre a A-8 e a N-634. Igualmente que sexan adoptadas as medidas de seguridade oportunas.

Exit mobile version