RIBADEO (FNC) .- Unha treintena de bares e restaurantes se inscribiron para participar na terceira edición do concurso de tapas Ribadeo de tapeo que se celebrará do 16 ao 24 de maio. Cada establecemento pode presentar dúas tapas como máximo (frías e/ou quentes) que se venderán ao prezo dun euro.
Haberá tres categorías de premios: mellor tapa do ano, mellor tapa tradicional que estará adicada aos productos do mar e mellor tapa creativa. O xurado valorará a combinación de ingredentes, a complexidade da elaboración, o gusto, a presentación das tapas e o sabor. E nas categorías de tradicional e orixinal tamén se terá en conta o emprego de ingredentes do país e a creatividade e orixinalidade. Haberá tamén un premio para a mellor barra. Neste caso valoraráse a presentación da barra coma esparate ao cliente e tamén a atención ao cliente.