CERVO .- San Cibrao ten previsto acoller a máis de 700 palilleiras no Encontro que terá lugar este sábado no pavillón municipal de A Veiga. Así o explica a concelleira de Muller e Servizos Sociais, Pilar Armada quen adianta que este ano superáronse todas as expectativas e o número de persoas inscritas, para participar na sétima edición desta cita coa arte dos bolillos, e maior xa ás do ano pasado. “Virán de moi distintos lugares. Fundamentalmente serán palilleiras procedentes do resto de Galicia pero tamén hai confirmada a visita de xente chegará de Asturias ou Cantabria e das provincias de Barcelona, Palencia e León”
O VI Encontro de Palilleiras está organizado polo Concello de Cervo en colaboración coas profesoras de encaixe de bolillos Mª Luz Méndez e Modesta Lombardero, ambas veciñas de San Cibrao. Participa tamén na organización a asociación Cultural a Sombriza. Xuntos confeccionaron un amplo programa de actividades que se prolongará durante dous días, o venres 3 e o sábado 4 de abril.
EXPOSICIÓN ENCAIXES
A primeira cita terá lugar o venres ás 18 horas, coa inauguración da exposición ENCAIXES na Casa da Cultura de San Cibrao. Nela amosaranse multitude de prendas de vestir con encaixes así como varios traballos elaborados mediante a técnica de bolillos polas mestras ou alumnas dos distintos cursos de palillar que se desenvolveron durante o presente ano. Nos pasados anos esta mostra do traballos da palilleiras aglutinou a unha gran cantidade de visitantes. Esta exposición permanecerá aberta ao público ata o 12 de abril
VI ENCONTRO DE PALILLEIRAS
De seguido, o sábado 4 de abril se celebrará o acto principal do VI Encontro de Palilleiras do Concello de Cervo: a XUNTANZA POPULAR. Comezará as 10.00 horas do sábado 4 de abril. Ao longo de toda a mañá veciños e visitantes poderán achegarse ata o pavillón municipal de A Veiga (contiguo ao Instituto Marqués de Sargadelos) para observar como traballan as palilleiras. O Concello de Cervo dispuxo de máis de 800 cadeiras e taboleiros neste espazo e durante o transcurso do encontro celebraranse diversos sorteos e entrega de agasallos, todos eles cedidos por cerámicas Gudín, Cerámica de Sargadelos e Eladio Bello, así como pola hostalería de San Ciprián e Cervo. Os integrantes do grupo folclórico Airiños do Xunco serán os encargados de amenizar o encontro.
ESPAZO PARA A VENDA DE PRODUTOS E BOLILLOS
A maiores de todo isto, nun espazo anexo ao pavillón da Veiga onde terá lugar a gran xuntanza, haberá unha carta habilitada para a venda dos produtos confeccionados por palilleiras e relativos ao arte da confección con bolillos, así como outro tipo de confeccións artesás.
A concelleira encargada da organización, Pilar Armada, apuntou tamén outra serie de detalles como son o feito de que cada unha das asociacións de palilleiras participantes no encontro dispoñen dunha lista con todos os locais hostaleiros do municipios, de tal xeito que poden así escoller aquel que máis lles interesa para a hora do xantar. “É unha forma de que a nosa hostalería tamén poida beneficiarse da alta participación deste encontro de palilleiras ofrecendo ademais menús moi saborosos e a moi bo prezo”
AGRADECEMENTOS
Armada afirmou que “conscientes do interese que esperta este encontro, polo que traballamos a reo na procura de que todo saia ben. Nesta tarefa é preciso agradecer a colaboración de moita xente, que deben ser obxecto de público recoñecemento como son aos integrantes da asociación cultural A Sombriza, á Área de Cultura de Deputación Provincial, ao Concello de Xove, á Fundación Comarcal A Mariña Occidental, á asociación Airiños do Xunco e aos voluntarios de Protección Civil de Cervo. Grazas ao seu traballo e coa colaboración das mestras palilleiras organizadoras e dos traballadores municipais