NOTA DE PRENSA
O GMPP de Burela dubida da transparencia do alcalde na adxudicación da auga.
Manifesta que as catro empresas que se presentan presentaron recursos ó pliego inicial.
Os populares lembran que tiña que estar adxudicada hai dez meses.
O GMPP de Burela manifestou hoxe a través dunha nota de prensa que a pretendida transparencia do alcalde na adxudicación do servicio da auga é dubidosa. Solo faltaría, din os populares, que se fixera unha adxudicación dun servicio tan importante sen transparencia. Decir que se vai facer con transparencia é igual que decir que se pode facer sen ela, e eso non pode nin insinualo un alcalde.
Os populares lembran que solicitaron no seu día participar na mesa de contratación, ó que se negou o alcalde, co que non queda clara cal é a auténtica vontade de transparencia do alcalde, máxime tendo em conta que o PP é a forza maioritaria na corporación municipal e a máis votada nas eleccións municipais. Sobre de todo, logo de ver que o pliego inicial foi recurrido exactamente polas mismas catro empresas que agora se presentan, porque o pliego inicial presentaba unha bonificación de dez puntos ás empresas con clasificación de desratización, o que beneficiaba unicamente a unha delas, que ainda así e todo presentou un escrito de alegacións.
Polo tanto, haberá que estar mui atentos ás maniobras do alcalde, e de entrada o PP solicitará por escrito o acceso á documentación económica e técnica presentada polas catro empresas que optan á adxudicación.
Finalmente, o GMPP lembra que a adxudicación da auga tiña que estar resolta hai dez meses, porque o contrato anterior con Espina y Delfín expiraba o trinta e un de Maio do ano pasado, contrato que foi prorrogado de forma similar á usada para prorrogar o contrato da gardería hai dous anos, e que fora criticado polo PSOE e BNG como ilegal. Desgraciadamente, o alcalde xa nos tén acostumados a estes retrasos, o que demostra que o traballo non é o seu punto forte.