Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo contratará un arquitecto ou un aparellador para as normas do Hábitat

RIBADEO (FNC) .- O Concello contrata a un arquitecto/a, arquitecto técnico/a ou aparellador/a para a aplicación das normas do hábitat no 2009 en Ribadeo. O contrato realizaráse pola modalidade de obra ou servizo determinado e terá unha duración de seis meses. O obxecto do contrato será a realización de aplicación das normas do hábitat galego mediante o asesoramento técnico, a confección de informes necesarios para a tramitación das licenzas de edificación, así como o control no cumprimento destas licenzas de primeira ocupación, de conformidad eco disposto no artigo 3 da Orde de 16 de xaneiro de 2009.
Entre os requisitos que se esixen está o correspondente título de arquitecto, arquitecto técnico ou aparellador. Valoraránse: os servizos prestados no Concello de Ribadeo, noutras administracións públicas e en empresas privadas neste concello ou fora deste término municipal en postos de traballo de contido análogo ou categoría semellante; o coñecemento acreditado do idioma galego e a antigüidade no paro. Toda a documentación deberá ser en orixinais e copia para a súa compulsa. Ésta deberá presentarse coma máximo ata as 14 horas do 24 de abril no rexistro xeral de entrada do Concello e a proba e selección do persoal será o 28 de abril ás 18:00 horas na Casa do Concello.

Exit mobile version