Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo contrata temporalmente catro operarios para medio ambiente

RIBADEO (FNC( .- O Concello de Ribadeo contrata con carácter temporal a catro operarios para o servizo de Medio Ambiente. Será durante 4 meses e a xornada completa.

Haberá unha proba práctica sobre o contido do posto de traballo e valoraranse os servizos prestados no Concello de Ribadeo, noutras administracións públicas e en empresas privadas neste concello ou fora do termo municipal en postos de contido análogo ou categoría semellante.

Os interesados poden presentar toda a documentación esixida ata as 14:00 horas do 5 de maio no rexistro xeral de entrada do Concello. As probas e selección serán o 7 de maio ás 18:00 horas na Casa do Concello.

Exit mobile version