Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematou a Semana Santa e notouse o domingo que o fervor foi a menos nas rúas

Corporación de Viveiro na procesión do domingo de Resurrección. Foto:Raul Torres

A MARIÑA .- Notouse o Domingo de Resurección o remate da Semana Santa e o fervor foi a menos en canto a presenza de persoas nas rúas; marcharon os visitantes. Houbo pasos e procesión en distintas localidades de A Mariña, tamén acompañadas por autoridades municipais, case, e sen moita imaxinación, podía o visitante retrotraerse a un pasado  relativamente recente.
Fora do contexto relixioso e a parte do lúdico, parece que baixou o número de visitantes a pesar de que houbo días nos que as rúas de algunhas localidades estiveron repletas.
Nesta seman o tempo acompañou so a medias aínda que nin a choiva nin o sol foron decisorios para non vir a costa de Lugo; falta coñecer unha valoración definitiva dos distintos sectores.

Exit mobile version