Site icon Crónica3.com A Mariña

Reclama o BNG de Barreiros a creación da praza de interventor no Concello

NOTA DE PRENSA

O BNG RECLAMA A CREACIÓN DA PRAZA DE INTERVENTOR NO CONCELLO DE BARREIROS. OS NACIONALISTAS DIN QUE ASÍ SE AXILIZARÍAN, ENTRE OUTRAS COUSAS, OS PAGOS ÁS PEQUENAS EMPRESAS QUE TRABALLAN PARA O CONCELLO.
Barreiros, 6 de abril de 2009. O BNG voltou a reclamar no último pleno do Concello de Barreiros a creación da praza de interventor. Antonio Veiga sinala que “interesámonos por un tema que preocupa a moitos proveedores deste Concello. Trátase do retraso do pago das facturas, ainda que sabemos que as administracións son lentas, no caso de Barreiros chove sobre mollado. Esa lentitude que se lles achaca ás administracións hai que axilizala, pero neste caso a xustificación que se nos da cando facemos esa pregunta sobre cal é motivo dese retraso dinnos que é por unha baixa laboral dun determinado traballador. Nós pensamos que eso hai que telo previsto porque estas eventualidades xurden a cotío”.
Os nacionalistas consideran que “esto é máis grave, si cabe, dado que hai uns meses se procedeu en teoría a unha reorganización da plantilla do Concello de Barreiros. Realmente o que se fixo foi funcionalizar a uns vinte e tantos traballadores e facer laborais fixos a outros vinte e tantos, pero creo que no fondo da cuestión non se entrou, non se tocou nin se pretende tocar”. Veiga Outeiro engade que “nós dixemos xa hai dous anos que era necesaria a praza de interventor do Concello de Barreiros, por un lado unido ao retraso de presentación dos orzamentos ano tras ano. Esa praza está xustificada porque ainda que o concello non pasa dos 5.000 habitantes, sí que pasa dos 3 millóns de euros de orzamentos. Entendemos polo tanto que se fai moi necesaria esa praza que ao mesmo tempo faría que o servizo fose máis eficiente e permitiría realizar un traballo máis coordinado, sobor de todo nos temas dos pagos a aquelas pequenas empresas que traballan para o Concello de Barreiros”.

O voceiro do BNG di que “é unha forma de axudarlles a esas pequenas empresas agora nestes tempos que se nos aveciñan bastante complexos, sobor de todo, para aquelas empresas que pivotaban arredor da construcción en Barreiros. Flaco favor se lles pode facer si nin siquera se lles axiliza o cobro das facturas que teñen pendentes. O BNG seguirá insistindo en crear esa praza de interventor no Concello de Barreiros e na necesidade de facer un organigrama, e eso lle compete obviamente ao alcalde, para que os servizos tanto administrativos como doutra índole poidan ser prestados con total eficiencia, eficacia e axilidade, que é o que se lles reclama normalmente a todas as administracións”.

Exit mobile version