Site icon Crónica3.com A Mariña

Patrimonio resolveu ampliar as escavacións no castro da Atalaia a fin de perservar as estruturas existentes.

CERVO.- A Dirección Xeral de Patrimonio emitiu unha resolución o 10 de marzo na que insta ao promotor das construcións da Atalaia de San Cibrao a realizar escavacións arqueolóxicas para valorar a situación e advertindo que calquera actuación debe contar coa autorización da Consellería de Cultura.

NOTA DE PRENSA DO BNG.

PATRIMONIO RESOLVEU AMPLIAR AS ESCAVACIÓNS ARQUEOLOXICAS NO CASTRO DA ATALAIA EN SAN CIBRAO A FIN DE PRESERVAR AS ESTRUTURAS EXISTENTES

A Axencia da Legalidade Urbanística abriu un período de investigación derivado da denuncia presentada por Mariña Patrimonio e 527 persoas que cuestiona a legalidade das licenzas de construción.

Cervo, 01 de abril de 2009. Por resolución asinada o 10 de marzo, a Dirección Xeral de Patrimonio, insta ao promotor das construcións de tres bloques de vivendas na zona da Atalaia en San Cibrao a realizar mais escavacións arqueolóxicas no entorno do castro da Atalaia para valorar a afectación das obras en terreos aínda sen alterar, advertindo que calquera actuación na zona deberá contar coa autorización da Consellaría de Cultura previo informe da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico Galego. Ademais a Axencia da Legalidade Urbanística da un prazo de 10 días ao concello para que remita información sobre as licenzas outorgadas na Atalaia por se estas foran constitutivas de infracción urbanística, atendendo a denuncia presentada por Mariña Patrimonio e asinada por 527 persoas.

PATRIMONIO COMUNICOU A CONCELLO E PROMOTOR A AMPLIACION DAS ESCAVACIONS ARQUEOLOXICAS

Na resolución emitida por Patrimonio con rexistro de entrada municipal do 27 de marzo, confírmase a importancia e extensión do xacemento castrexo, datado entre os séculos I a III d.c., sendo relevante a previsión de que nos espazos non construídos e situados dentro do Dominio Publico Marítimo Terrestre, poden atoparse restos en mellor estado de conservación. En referencia ás parcelas con licenzas de construción que non foron destruídas arqueoloxicamente, Patrimonio insiste na necesidade de preservar os restos in situ, polo que insta ao promotor a presentar novos proxectos de escavación arqueolóxica en area nesta zona co fin de preservar ao completo a totalidade das estruturas existentes. Advírtese ademais, que calquera proxecto de obra nestas parcelas, debera contar cos permisos da Consellaría de Cultura.

A AXENCIA DA LEGALIDADE URBANISTICA CUALIFICA COMO PRESUNTA INFRACCION AS LICENZAS MUNICIPAIS OUTORGADAS NA ATALAIA

O requirimento da Axencia da Legalidade Urbanística, na que se insta ao concello a remitir no prazo de 10 días documentación relativa as licenzas concedidas na Atalaia que cualifica como presunta infracción urbanística, está motivada na denuncia interposta pola asociación Mariña Patrimonio e apoiada por 527 sinaturas de veciños e veciñas. As tres licenzas municipais outorgadas non contan co Estudo de Detalle preceptivo que esixen as N.S.P. nese solo, nin cos informes sectoriais de Patrimonio que o goberno municipal non solicitou, a pesar de ter coñecemento oficial dende antes da súa concesión, da existencia de restos arqueolóxicos na zona. Isto é o que denuncian os veciños e isto e o que urbanismo investiga, non outra cousa, polo que o goberno municipal o que debe facer e cumprir o que se lle pide e si non o ten asumir as consecuencias.

O PP É DONO DAS SUAS PALABRAS, AGORA TERÁ QUE CUMPRIR O QUE ESIXÍA ANTES DAS ELECCIÓNS AUTONOMICAS

A importancia xa confirmada con reiteración por diferentes informes técnicos de que na zona da Atalaia existen restos arqueolóxicos que deben ser conservados e postos en valor, obriga á nova administración galega e tamén ao concello a mover ficha e resolver o problema. O xulgado dirimira responsabilidades sobre a destrución dunha parte dese xacemento pero o que se conserva intacto debe poñerse en valor e formar parte dos recursos patrimoniais, culturais e turísticos que o Cervo ten que ofrecer aos seus veciños e visitantes.

Ao BNG non se lle van esquecer os discursos de oposición do PP, as solucións que antes eran fáciles e factíbeis, debérano ser tamén agora tamen; supoñemos que o PP terá a decencia de manter o dito e actuar con coherencia, facer outra cousa seria mentir e enganar aos veciños.

Exit mobile version