SAN CIPRIÁN .- A asociación Os Aventados entregou o premio “Árdelle o eixo” ao focense Suso Fernández e a distinción “Árdelle o carro” a empresa eléctrica Begasa. A iniciativa de outorgar estes premios debese a que “cremos que é hora que nesta terra se comece a falar ben dos vivos mentres estean vivos”, aseguran. Os Aventados, explican, “queremos instaurar, ademais da república, uns premios anuais co nome de Árdelle o Eixo para aquelas persoas, animais ou cousas do norte galego que se distinguiran pola súa labor”. Os Árdelle o Carro están dedicados a aquelas persoas, animais ou cousas do norte galego que se distinguiran ó cabo do ano pola súa nefasta xestión.
Nota de Prensa
Vivimos nunha terra nordesía onde se rende culto os mortos, o simple feito de morrer xa e suficiente para que aqueles que durante a vida che negaron o pan e o sal, se poñan ipso facto a votar salvas e banaglorias do finado. De vivo, nada de nada, de morto a gloria e a posteridade, o exemplo mais flagrante témolo co día das Letras Galegas, o homenaxeado ten que estar morto e ben morto pois ata dez anos despois de finado, cando os vermes deron boa conta das súas carnes non se lle pode dedicar o día das Letras Galegas.
OS AVENTADOS cremos que é hora que nesta terra se comece a falar ben dos vivos mentres estean vivos, desa forma daráselles un pulo para que sigan a facer cousas pola súa aterra, despois de morto vermes, e osos pelados, de vivo e cando se pode axudar.
Por iso Os Aventados queremos instaurar, ademais da república, uns premios anuais co nome de ARDELLE O EIXO para aquelas persoas, animais ou cousas do norte galego que se distinguiran pola súa labor social, política, artística, deportiva, industrial, medioambiental e de conservación do patrimonio.
Tamén. ó mesmo tempo se crean outros premios co nome de ARDELLE O CARRO dedicados a aquelas persoas, animais ou cousas do norte galego que se distinguiran ó cabo do ano pola súa nefasta xestión no ámbito social, político, artístico, deportivo, industrial, medioambiental e de conservación do patrimonio.
Os premios serán en ámbolos casos unhas esculturas de cerámica do compañeiro en argalladas Otero Regal, non levarán consigo ningunha gratificación económica nin lucrativa.
Os premios serán de carácter anual, e para outorgalos tódolos socios de OS AVENTADOS poderán propoñer as persoas que creen merecentes dos mesmos, con esas propostas un xurado nomeado pola xunta directiva escollera os galardoados de ámbalas categorías.
A ASOCIACIÓN CULTURAL OS AVENTADOS ACORDOU POR UNANIMIDADE A CONCESIÓN DO PREMIO “ARDELLE O EIXO” A: JESUS FERNANDEZ LOPEZ
Escritor, xornalista, personaxe público, pero , sobre todo por ser un home da cultura, no seu mais amplo sentido da palabra que amosa na súa vinculación a este norte galego nordesío en cada libro escrito ou feito do seu transcorrer cotián.
E tamén por ser UN GALEGO BO E XENEROSO
JESUS FERNANDEZ LOPEZ NACEU EN FOZ o 31 de julio de 1937 ,
Estudiou o bacharelato no colexio dos Maristas na Coruña. Cursou Maxisterio e obtivo o título de Procurador dos Tribunais, aínda que nunca exerceu como tal. Sentiuse atraído polo periodismo dende moi novo, colaborando en xornais e emisoras de raio. Seguindo a tradición familiar dedicouse profesionalmente ao comercio, establecendo en 1963 a primeira libraría e imprenta da historia de Foz. É promotor de numerosos eventos culturais, benéficos, así como de colectivos sociais e culturais como: Asociación Ou Feitizo”, “Amigos dás artes”, “Feira do Libro de Foz”, “Ruta Turística Pardo de Cela”, etc…
SUSO FERNANDEZ Escribiu os libros: San Martín de Mondoñedo: Guía Histórica e Artística (1976); Foz, un lugar marabilloso (Everest, 1991) e Foz, ou mar e ás xentes (1999). Escribiu o guión e posto a voz aos documentais Foz, un lugar marabilloso; Ruta Pardo de Cela: Paisaxe, Arte e Historia e Terreo Galea. É o promotor e director da revista “A Rapadoira” e dos xornais Dique (editado no club náutico) e Espertar.
JESUS FERNANDEZ Foi galardoado cos premios “Lucense do ano 1997”, “Cabaleiro dá Orde do Camiño de Santiago”, “Cronista Oficial de Foz” e coa insignia de prata do Orfeón de Mondoñedo.
A ASOCIACIÓN CULTURAL OS AVENTADOS ACORDOU POR UNANIMIDADE A CONCESIÓN DO PREMIO “ARDELLE O CARRO” A:
EMPRESA DE SUMINISTRO ELECTRICO BEGASA E A SUA MATRIZ ELECTRICAS DEL BIESGO POR O ABANDONO A QUE NOS TEN SOMETIDO DENDE QUE SE FIXO RESPONSABLE DO NOSO SUMINISTRO ELECTRICO, QUE SE PUXO DE MANIFESTO CON MOTIVO DO ULTIMO TEMPORAL;POR A FALTA DE DIÁ LOGO COS SEUS CLIENTES E POR O MANGONEO E PREPOTENCIA QUE MANIFESTA NAS SUAS ACTUACION, E PARA MAIS CANDO SEMPRE NOS DIXERON QUE TODO O ALEMAN ERA MELLOR QUE O NOSO; ACEIRO; RELOXIOS; MAQUINAS; PORCELANA….POIS BEGASA QUE AHORA E O 100% CAPITAL ALEMAN NON MELLOROU NADA SINON QUE EMPEOROU MAIS A COUSA; DE aquí AVENTADOS TODOS TEMOS QUE SACAR A CONCLUSION QUE O NOSO; MENTRAS NON SE DEMOSTRE O CONTRARIO E O MELLOR E MAIS CARALLUDO DO MUNDO MUNDIAL.