O rexedor ribadense sinala que este paquete turístico “está orientado a que Ribadeo sexa destino turístico de calidade, pero cun perfil de xente que vive relativamente cerca de aquí. Aínda que non soamente tratamos de buscar xente asturiana, senón que desde Gijón, que é de onde sae este tren de Feve, se poidan achegar veciños de Cantabria, do País Vasco e da parte norte de Castela”.
Fernando Suárez Barcia suliña que “esta iniciativa funcionou moi ben o ano anterior, porque unhas 400 persoas usaron este servizo. E agora, nestes momentos de situación económica difícil que afecta á hostelería tamén no noso concello, tratamos de poñer en marcha estas iniciativas, tendo en conta que precisamente debido á crise económica hai xente que non se vai a destinos lonxanos, senón que escolle os lugares cercanos”.
Estes paquetes turísticos van costar 124 euros, incluindo aloxamento o fin de semana, comidas, desprazamentos pola vila de Ribadeo con guías, visitas a Castropol en lancha, desprazamentos por diferentes zonas do concello, como a praia das Catedrais , Rinlo, etc, así como visitas guiadas ao casco antiguo de Mondoñedo.
O alcalde de Ribadeo destaca que “esto é posible grazas a colaboración da Deputación Provincial de Lugo, que achega 12.500 euros para facer atractivos estes paquetes turísticos e que poidan ser demandados por motísima xente para redundar no coñecemento de Ribadeo e na apertura do concello, se cabe aínda máis, ao turismo de calidade”.