BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, ofreceu esta mañá unha recepción oficial ó novo subdelegado do Goberno, Xosé Vázquez Portomeñe. Segundo explicou o rexedor “o subdelegado asinou no libro de ouro de Burela. Foi unha primeira visita de cortesía a modo de presentación e xa quedou en voltar para falar de seguridade, das demandas que ten Burela neste ámbito e mesmo tamén das obras que o goberno central está a realizar na nosa vila”.
Vázquez Portomeñe acudiu a Burela acompañado polo seu antecesor Jesús Otero “que aproveitou a ocasión para despedirse e para agradecernos a colaboración ó longo destes anos e Portomeñe apostou por seguir colaborando”, explica Alfredo Llano