O que Touriño e Quintana debían de ensinar aos galegos estes anos
Otero Regal
Aquí recopilei algúns excesos do PP, cando gobernou, que estes “caralláns do goberno bipartito gardaron nos caixóns e non deron a coñecer a os cidadáns, logo pasou o que pasou, a dereita pura e dura aproveitou calquera farangulla para convertela nunha bomba de descrédito, e como aquí somos como somos, pois seguemos co slogan patrio de “MEXAN POR NOS E TEMOS QUE DECIR QUE CHOVE” pois volvemos o rego da senda da dereita retrograda e omnipresente.
Dende aquí queremos recordar e recordarlle a FEIJÓO que seria moi malo para el e para nós que se voltase a esta crase de política exercida no pasado por el e polos seus, por eso e bo recordar todo esto.
1. Os excesos dos gobernos do PP
2. A casa que mandou construír o anterior goberno do PP custou 4.000 millóns de pesetas
3. Só a piscina climatizada da casa custou máis que todas as reformas do goberno de Touriño na sede da Xunta
4. Fraga mercou 29 AUDIS!!! e empregaba 3
5. A neta de Fraga ía nun deles a diario ó colexio (Dende Santiago á Coruña en coche oficial)
6. Fraga sempre dixo que as familias do PP estaban mellor preparadas
7. Fraga levouse a Madrid un todoterreo mercado pola Xunta, para o seu uso persoal
8. O PP di que o coche de Touriño é máis caro que o de Obama. Sen embargo o goberno americano nunca fixo público o prezo do coche.
9. Vai resultar que o PP ten espías ata no Capitolio.
10. Os coches de Esperanza Aguirre e Gallardón custan máis do que o PP di que gastou Touriño.
11. 600.000 euros!!!! Será que levan micrófonos incorporados.
12. O goberno de Fraga e Feijóo mercou unha mesa inglesa do século XIX por 33.500 euros.
13. Ademais da mesa equiparon o despacho de Fraga con sillas de 6.500 euros cada unha.
14. A mesa e as sillas desapareceron da Xunta. Deixaron as facturas pero faltan os mobles
15. A sede central do PP en Santiago de Compostela custou a metade que outras oficinas que están no mesmo edificio e teñen as mesmas dimensións.
16. A que se debe esa diferencia?
17. Feijóo contratou a empresa da súa irmá coas eleccións de 2005 xa perdidas.
18. A mesma política de familia que tiña Fraga.
19. Estas son as contas de Feijóo que algún dos deuses nos colla confesados.