O PSOE de Cervo pide a limpeza urxente das praias do concello antes de semana santa
Nota de Prensa
Conseguir que as praias de Cervo estean limpas antes da Semana Santa é un auténtico “Vía Crucis”
Solicitamos unha limpeza urxente das praias ante a chegada inminente dos turistas e veciños na ponte
O Grupo Municipal Socialista de Cervo supervisou durante a tarde do Venres o estado que presentaban os areais do Concello, dado que recibimos queixas dos veciños e hostaleiros que non queren dar esta imaxe de deixamento.
Esta ponte e unha das citas mais concorridas do ano, antes da temporada estival, e moitas das persoas que veñen de fora “toman nota” e deciden si volven nos meses de verán. Por iso, urxe a necesidade de que o Concello non descoide o aspecto das praias e rutas que forman parte da nosa riqueza paisaxística.
Lamentamos que esta petición de conservación das praias e camiños convértase ano tras ano en algo habitual, o dito con un símil mais da época na que estamos nun auténtico “Calvario”.