NOTA DE PRENSA:
O PSdeG-PSOE de Cervo alerta sobre o abandono que están a sufrir as instalacións da piscina Municipal
Os veciños de Cervo quéixanse do estado “lamentable” do ximnasio, sauna, duchas e vestiarios.
A premisa do PP de Cervo é borrar do mapa todo aquelo que teña que ver co anterior goberno socialista; só así pódense entender as aberracións cometidas contra moitas das obras que se fixeron durante aquela etapa, coma o mirador da praia de Cubelas, o parque Reina Sofía e a piscina Municipal.
No caso da piscina Municipal de Lieiro, dende que o PP chegou ao poder, foi sufrindo un estado progresivo de abandono absoluto; primeiro foron as criticas as dimensións da piscina, despois poñer en tela de xuízo a súa construcción e por último e a vista de que as instalacións seguen sendo utilizadas por moitas persoas diariamente, o PP de Cervo optou simplemente por deixalas morrer, non investindo nin un só euro.
As queixas dos veciños son moitas e por varios motivos:
Estado do Vaso: Queixas pola temperatura do auga (o moi fría o excesivamente quente para as persoas que queren adestrar) e a falla de limpeza.
Vestiarios: Falla de limpeza, grifos rotos, duchas sen auga quente en moitas ocasións e que perden auga de forma continua, deficiencia de perchas y taquillas en mal estado.
Ximnasio: As queixas van dirixidas sobre todo ao estado de deterioro dos aparatos e a falla de persoal que informe sobre o uso das mesmas. Moitos dos aparatos non teñen pilas, chegando nalgunha ocasión os propios usuarios a traelas de a súa casa. Ademais na elección dos aparatos non se tiveron en conta factores morfolóxicos, polo que moitas mulleres e rapaces novos non poden facer uso deles de forma segura porque non se adaptan o seu corpo.
Falla de información aos usuarios: Os usuarios quéixanse pola falla de información sobre os seus dereitos no caso de exención no pago por ausencia prolongada, chegando a cobrar o Concello a estes usuarios a pesar de que habían presentado por escrito a solicitude de exención.
Cabe lembrar, que o Concello de Cervo perdeu unha subvención destinada a dotar de mobiliario o ximnasio, por presentala fora de prazo, o que dá un exemplo unha vez mais da deixadez do equipo de goberno.
Ademais Alfonso Villares non tivo en conta as instalacións da piscina municipal no momento de pensar en qué investir os cartos do Fondo Estatal, a pesar de que é a instalación onde mais deporte se practica durante todo o ano e a que ten mais usuarios.