Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP quere que Burela esteña na Mancomunidade e pide un representante

NOTA DE PRENSA

O GMPP presenta unha moción para que Burela teña representación na mancomunidade .
Manuel Fernández e Pablo Pernas piden un representante para o PP burelés.
Os populares non entenden como a día de hoxe ainda non se fixeron os nomeamentos.

O PP de Burela presentará unha moción no Concello para solicitar que Burela conte con representación na Mancomunidade de Concellos da Mariña, que renovou a súa presidencia hai uns dias.
Os concelleiros populares Manuel Fernández e Pablo Pernas indican que desde as eleccións municipais este asunto non se tratou por parte do Pleno do Concello, o que consideran anómalo e dificilmente entendible, por dous motivos, porque Burela sempre tivo dous representantes na Mancomunidade e porque o propio PP burelés dirixiuse, a través do seu portavoz municipal, ó alcalde, para que nomease os representantes e o alcalde non o fixo.
Fernández e Pernas lembran que, anteriormente, dos dous representantes do concello de Burela, un pertenecía ó goberno municipal e outro ós grupos da oposición. Polo tanto, esta distribución non se debe perder, máxime tendo en conta que o grupo da oposición, o PP, é o partido máis votado e o que conta con máis representación na corporación municipal.
Os concelleiros populares van máis alá, e afirman que gracias ó concello de Burela, gobernado polo PP, se salvou o Centro de Atención Temperá, ubicado na Casa do Mar de Burela, que dependía da Mancomunidade, xestión que levou personalmente González Barcia na súa época de alcalde. Ademais, agora resulta que Burela é o único concello da Mariña, xunto con Viveiro, que non ten representación na Mancomunidade, o que é un contrasentido.
Pablo Pernas e Manuel Fernández conclúen a nota de prensa decindo que o alcalde de Burela dixo que se nomearían os representantes do concello no vindeiro pleno que celebrara a corporación logo da constitución da Mancomunidade. Pois ben, a Mancomunidade xa está renovada, xa se convocou o pleno de Burela para a semana que vén, pero o alcalde non incluiu o nomeamento de representantes bureleses na Mancomunidade, cuestión pola cal se presenta a moción indicada.

Exit mobile version