Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP propón sancionar aos que non asisten á Xunta de Goberno da Deputación

NOTA DE PRENSA:
O GPPP PROPÓN QUE SE SANCIONE ÓS INTEGRANTES DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN QUE NON ASISTAN ÁS REUNIÓNS

* Os populares critican as reiteradas ausencias dos deputados, que entenden como unha desatención das súas funcións

* Salientan que Vega Buján só participou en unha das trece reunións celebradas no primeiro trimestre deste ano e que Gómez Besteiro faltou a oito

Lugo, a 3 de abril de 2009.- Ningunha das 13 Xuntas de goberno celebradas na Deputación durante o primeiro trimestre do presente exercicio contou coa asistencia dos nove membros que a integran. Esa é a primeira conclusión que sacou o Grupo provincial do Partido Popular á hora de valorar o ritmo de traballo co que principiou o ano o equipo de goberno da administración provincial e que o leva a propoñer que a cada deputado que non asista a estas reunións semanais e que teñan dedicación lle sea descontado do seu soldo a parte proporcional que lle corresponda por este concepto.

Os populares consideran que as reiteradas ausencias dos integrantes do equipo de goberno nestas xuntas, coa conseguinte desatención das súas funcións, require a adopción urxente dalgunha medida tendente a correxir esta situación. A sanción económica, ó entender do GPPP, pode resultar axeitada para lograr este obxectivo.

Nos tres primeiros meses do ano segue a encabezar o ranking de faltas a vicepresidenta terceira, a nacionalistas María José Vega Buján, quen só asistiu a unha das 13 reunións celebradas. Séguena de preto, e empatados a oito faltas cada un, o Presidente José Ramón Gómez Besteiro é Melchor Roel. Lara Méndez ausentouse catro veces; Antón Bao e Manuel Martínez, tres; e Antonio Gato, Regina Polín e Miguel Sotuela unha cada un.

Os populares chaman a atención sobre o feito de que unha xunta de goberno, concretamente a do 20 de febreiro, en plena campaña electoral, celebrouse co quórum mínimo legalmente establecido. Asistiron a ela tres membros e tivo que presidila Antonio Gato como membro de máis idade. Para o GPPP esta circunstancias pon de manifesto unha vez máis que Gómez Besteiro antepón os intereses do seu partido ós xerais da provincia e que emprega a Presidencia da Deputación con fins electorais.

Gato tamén asumiu a presidencia da xunta de goberno provincial na primeira reunión do ano, aínda que daquela asistiron a ela catro deputados do equipo de goberno.

Neste senso o GPPP salienta asimismo que oito foi o número máximo de participantes nas xuntas de goberno. Unha circunstancia que só se deu en tres ocasións.

Desglosando as asistencias por meses, os datos máis chamativos son que no mes de xaneiro Roel non asistiu a ningunha das cinco reunións que houbo e que Besteiro e Vega Buján só asistiron a unha cada un.

En febreiro, Besteiro e Buján non foron a ningunha das catro celebradas e Roel faltou a tres. No mes de marzo, a vicepresidenta terceira seguiu sin asistir a ningunha aínda que Besteiro presidiu as catro xuntas que se celebraron.

Exit mobile version