Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pide que se fagan os trámites para un museo en Burela

NOTA DE PRENSA
O GMPP solicita que se inicien os trámites do Museo e do Arquivo Histórico municipais.

Piden que se reúna a comisión de redacción dos estatutos e do regulamento.

Lembran que en marzo de 2007 aprobouse por unanimidade a súa creación.

O Grupo Municipal do PP GMPP) de Burela presentará unha moción para o seu debate no pleno do vindeiro xoves na que pide que se convoque no prazo de dous meses a comisión que estaba previsto que redactase os estatutos e o regulamento do Museo e do Arquivo Histórico municipais.

Os populares lembran que foi en Marzo de 2007 cando, a proposta do entón alcalde, José María González Barcia, adoptouse un acordo por unanimidade no pleno do concello para a creación do Museo e do Arquivo Histórico, ainda que a proposta fora criticada polo BNG e PSOE por electoralista.

O GMPP indica que tamén houbera acordo nas tres persoas que constituirían a comisión de redacción dos estatutos e regulamento de funcionamento do Museo e do Arquivo, que por aquela non se constituirá para non politizar unha cuestión que se pretendía tivera carácter de institucional.Comisión que estaría coordinada pola concellalía de Cultura. Pero o curioso foi que en dous anos Nieves Cando non foi quen de convocar tal comisión, nin para ben nin para mal.

O GMPP considera que este feito demostra que o bigoberno incumpleos acordos plenarios, e que non teñen interese nin no Museo nin no Arquivo Histórico porque foi unha proposta feita polo PP.

Os populares tamén indican que a intención era ubicalos na actual sede de Capitanía, tan pronto como esta ocupase a nova sede. A decisión da creación do Museo e do Arquivo tomouse cando houbo a certeza absoluta de que Capitanía cambiaría de sede, xestión que foi levada a diante polo goberno municipal do PP.

Agora, os populares confían en que esta moción se aprobe, porque ainda que Capitanía tardará dous anos en trasladarse, non é menos certo que a organización dun museo e dun arquivo histórico leva o seu tempo. A súa finalidade sería a de ser o referente da historia de Burela, así como un atractivo turístico máis que incluir na oferta burelesa.

Exit mobile version