NOTA DE PRENSA
O GMPP solicita cambiar as proteccións da estrada Burela-A Marosa.
Piden que se cambien tamén as da travesía municipal na saída hacia Cervo.
Consideran que a Deputación e o Concello actúan con irresponsabilidade.
O Grupo Municipal do PP GMPP) de Burela presentará unha moción para o seu debate no pleno do vindeiro xoves na que pide que se acorde solicitar da Deputación cambiar os elementos de protección laterais, as biondas, na estrada Burela-San Cibrao, para adaptalas ás novas normativas sobre protección especialmente a motoristas.
Os populares lembran que esta estrada tén moito tráfico, presenta unha porcentaxe de accidentes superior á media, e algúns tramos da bionda están deteriorados, especialmente un entre A Marosa e Ril. Ademais, os populares entenden que se estas actuacións se están a facer desde o Ministerio de Fomento e desde a Xunta de Galicia, é difícil de entender que non se faiga desde a Deputación.
O GMPP fai extensiva esta solicitude para a estrada Burela-Rúa, tamén de competencia da Deputación, ainda que neste caso considera que deben ser colocados máis tramos de bionda cós actualmente existentes.
Estes mesmos argumentos son os que esgrimen para solicitarle ó concello que faiga a mesma actuación na Travesía Municipal, na saída a Cervo, agora de competencia municipal.
O GMPP considera que tanto desde a Deputación coma desde o Concello non se está actuando con premura e celeridade, senon todo o contrario, se está actuando con irresponsabilidade e esquecendo as competencias que son propias de cada administración.
Os populares entenden que estas actuacións, ainda sen ser excesivamente costosas, poden levarse a cabo perfectamente en dúas anualidades.