NOTA DE PRENSA
O PARTIDO POPULAR DE ALFOZ RENOVARÁ O VINDEIRO 14 DE MAIO A SÚA EXECUTIVA
Lugo, a 22 de abril de 2009.- O Partido Popular de Alfoz elixirá o vindeiro día 14 de maio o seu novo presidente local no transcurso dunha asamblea xeral convocada para tal fin.
O congreso para proceder á renovación da executiva local do Partido Popular foi convocado o pasado día 14 de abril, cumprindo os requisitos fixados nos estatutos da formación, trala que se abriu un prazo dunha semana para que os afiliados que así o quixeran presentaran a súa candidatura.
Rematado onte o prazo para que os aspirantes formalizan a súa candidatura, acompañados dos avais correspondentes, o único que se postulou para presidir o agrupación local do Partido Popular foi Emilio Lousas Muiña.
A asamblea xeral na que será elexida a nova executiva dos populares de Alfoz celebrarase o vindeiro 14 de maio, ás 20 horas, no centro sociocultural desta localidade.