Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo de teatro O Bordelo de Cervo o máis valorado dos 27 do Ciclo Domingos a Escena en Ferrol

CERVO .- O grupo de teatro O Bordelo, de Cervo, foi o máis valorado entre os 27 participantes do noveno Ciclo Domingos a Escena, que se celebrou en Carranza, Ferrol, dende o 21 de setembro do 2008 ata o 19 de Abril do 2009. O Bordelo representou o día 22 de Marzo a súa peza “R.I.P. Marandaina”, orixinal do seu director  Francisco Piñeiro, pola que recibiu a maior puntuación outorgada polo público nas votacións que se realizaron ó remate de cada  sesión.

Nota de Prensa

“ O BORDELO” gaña o ciclo de teatro afeccionado máis importante de Galicia.

O grupo de teatro “O Bordelo” de Cervo (Lugo)  logrou o primeiro posto entre os 27 compañías de  teatro  que participaron no “IX Ciclo Domingos a Escena”  dende o 21 de septembro do 2008 ata o 19 de Abril do 2009, no Centro Cívico de Caranza , en Ferrol, coordinado por Max Teatro  e co patrocinio do Concello de Ferrol , Diputación Provincial da Coruña e da Xunta de Galicia.
Un total de 5800 espectadores , cunha media de 216 por sesión , presenciaron pezas  de Arniches, Woody Allen, Shakespeare,Mihura,  Roberto Vidal Bolaño e Manuel Lourenzo,  entre outros ,  escenificadas por grupos escollidos nas catro provincias galegas.
O grupo cervense representou o día 22 de Marzo a súa peza “R.I.P. Marandaina” ,orixinal do seu director  Francisco Piñeiro, pola que recibiu a maior puntuación outorgada polo público  nas votacións que se realizaron ó remate de cada  sesión.
O premio consistente en 1500 euros en metálico vén acompañado da oportunidade de  representar  a obra vencedora no Teatro Jofre de Ferrol , acto que terá lugar o vindeiro 7 de Xuño.
O cadro de actores de “O Bordelo”   formado por Mª Paz Rodríguez Silva,  Dolores Viamonte Rey, Antonio González-Patoso, Xosé  Vicente Mon Canoura, Xosé Manuel González-Copa e  Francisco Piñeiro   recibirá  con satisfación este galardón  que desexa compartir con todos cantos apoiaron os seus  traballos nos once  anos de existencia do grupo cervense.

Exit mobile version