CERVO .- O grupo de teatro O Bordelo, de Cervo, foi o máis valorado entre os 27 participantes do noveno Ciclo Domingos a Escena, que se celebrou en Carranza, Ferrol, dende o 21 de setembro do 2008 ata o 19 de Abril do 2009. O Bordelo representou o día 22 de Marzo a súa peza “R.I.P. Marandaina”, orixinal do seu director Francisco Piñeiro, pola que recibiu a maior puntuación outorgada polo público nas votacións que se realizaron ó remate de cada sesión.
Nota de Prensa
“ O BORDELO” gaña o ciclo de teatro afeccionado máis importante de Galicia.
O grupo de teatro “O Bordelo” de Cervo (Lugo) logrou o primeiro posto entre os 27 compañías de teatro que participaron no “IX Ciclo Domingos a Escena” dende o 21 de septembro do 2008 ata o 19 de Abril do 2009, no Centro Cívico de Caranza , en Ferrol, coordinado por Max Teatro e co patrocinio do Concello de Ferrol , Diputación Provincial da Coruña e da Xunta de Galicia.
Un total de 5800 espectadores , cunha media de 216 por sesión , presenciaron pezas de Arniches, Woody Allen, Shakespeare,Mihura, Roberto Vidal Bolaño e Manuel Lourenzo, entre outros , escenificadas por grupos escollidos nas catro provincias galegas.
O grupo cervense representou o día 22 de Marzo a súa peza “R.I.P. Marandaina” ,orixinal do seu director Francisco Piñeiro, pola que recibiu a maior puntuación outorgada polo público nas votacións que se realizaron ó remate de cada sesión.
O premio consistente en 1500 euros en metálico vén acompañado da oportunidade de representar a obra vencedora no Teatro Jofre de Ferrol , acto que terá lugar o vindeiro 7 de Xuño.
O cadro de actores de “O Bordelo” formado por Mª Paz Rodríguez Silva, Dolores Viamonte Rey, Antonio González-Patoso, Xosé Vicente Mon Canoura, Xosé Manuel González-Copa e Francisco Piñeiro recibirá con satisfación este galardón que desexa compartir con todos cantos apoiaron os seus traballos nos once anos de existencia do grupo cervense.